BASES PARA O SORTEO DAS CESTAS DE NADAL 2008
NO CENTRO COMERCIAL AREA CENTRAL
1.- Poderán participar todas as persoas que realicen unha compra superior a 5 € en calquera dos establecementos do Centro Comercial Area Central adscritos a esta promoción, dende o día 12/12/2008 ata as 15:00 horas do día 20/12/2008
2.- Como máximo entregarase 1 rifa por compra, independentemente de que o seu valor supere os 5 €.
3.- O sorteo das 100 cestas realizarase o sábado día 20 de decembro ás 19:00 horas no escenario situado na entrada principal do Centro Comercial (esquina verde) sendo requisito indispensable estar presente para recoller os premios, sendo o límite ata as 22:00 horas do mesmo día, caducando a partir desta hora todos os números e rifas premiadas que non se presentaran.
4.- O domingo 21 de decembro ás 19:00 horas no mesmo escenario sortearanse outras 100 cestas, así como unha cesta especial xigante, sendo requisito indispensable estar presente para recoller os premios, sendo límite ata as 22:00 horas do mesmo dia, caducando a partir desta hora todos os números e rifas desta promoción.
5.- As cestas premiadas e non recollidas destinaranse a unha ou varias asociacións benéficas.
6.- En ningún caso os premios serán canxeables por cartos.
7.- As bases do concurso están expostas na cabina de información do Centro Comercial.
8.- Os traballadores do Centro Comercial e dos establecementos que o integran non poderán participar nesta promoción.
9.- A Organización resérvase o dereito a solucionar calquera conflicto que poidera derivar da súa interpretación.
10.- A participación nesta promoción supón a aceptación implícita destas bases.
|