idioma: |

A CAMPAÑA DE NADAL DE AREA CENTRAL PÉCHASE COA VISITA DOS REIS MAGOS DO 2 AO 5 DE XANEIRO

Santiago, 23 de decembro de 2008 A campaña navideña de Area Central pecharase por todo o alto coa visita dos Reis Magos e os seus paxes reais, que se situarán dende o 2 e ata o 5 de xaneiro de 2009 na esquina verde da planta primeira para atender as peticións de todos os nenos que se acheguen a eles. Os tres Reis Magos estarán dende as 17:00 ata as 21:00 horas durante estes catro días.

A visita dos Reis Magos pecha a programación navideña de Area Central, campaña que comezou o pasado 28 de novembro e que contou todos os días con moitas e variadas accións lúdicas e culturais.

Para ter máis información sobre as actividades de Area Central neste Nadal, visite a nosa programación mensual.


area central centro comercial 2008