AREA CENTRAL RECIBE DOUS PREMIOS POLO SEU COMPROMISO CON GALICIA
Santiago, 1 de xaneiro de 2009. Area Central vén de ser galardoada con dous premios que a avalan como unha entidade comprometida e implicada con Galicia. O primeiro dos premios foi concedido por Radio Galicia- Cadena Ser co gallo da festa aniversario dos seus 75 anos de vida. Area Central foi unha das entidades agasalladas nun acto que contou coa presencia de importantes personalidades do eido político, deportivo, artístico e empresarial de Galicia.
O segundo dos galardóns foi unha distinción especial nunha nova edición dos Premios Manuel Beiras, que organizan o Concello de Santiago e a Cámara de Comercio para recoñecer ás empresas que empregan a lingua galega no seu funcionamento diario. Esta distinción confirma o compromiso de Area Central co galego co seu emprego en diferentes soportes de comunicación.
|