A ONG COOPERA EXPÓN EN AREA CENTRAL A MOSTRA “XOGANDO EN ÁFRICA”
Santiago, 14 de xaneiro de 2009. Area Central acolle dende o mércores 14 a exposición “Xogando en África” da ONG Coopera, mostra que reúne fotografías realizadas por Luis Belvís, voluntario da entidade en Angola, con xoguetes que foi reunindo o propio voluntario elaborados polos nenos e nenas deste país africano co pouco que teñen ao seu arredor, como arames ou anacos de madeira.
A mostra quedará exposta dende o mércores 14 ata o vindeiro domingo 25 de xaneiro na esquina vermella da planta baixa de Area Central. Ademais, no marco desta exposición, a ONG Coopera traerá os dous fines de semana actividades para achegar a situación da poboación africana ás personas que acudan a Area Central. de comunicación.
O sábado 17, a partir das 18.00 horas, os voluntarios da ONG Coopera levarán a cabo obradoiros de construcción de xoguetes con materiais de refugallo, como latas ou tetra briks, como o fan os nenos e nenas de Angola que reflexan as fotos da exposición. Por outra banda, o sábado 24, dende as 18.00 horas, os voluntarios de Coopera organizarán clases de danzas típicas do continente africano ao mesmo tempo que os rapaces asistentes se divirten e aprenden curiosidades sobre África.
Para ter máis información sobre as actividades de Area Central, visite a nosa programación mensual.
|