idioma: |

AREA CENTRAL ACOLLE O X FORO DE ONGS

Santiago, 26 de xaneiro de 2009. - Este sábado, 31 de xaneiro, Area Central será a sede do X Foro de ONGs, evento no que se darán cita un total de 24 organizacións non gubernamentais que darán a coñecer aos visitantes do complexo comercial os seus materiais didácticos, proxectos e produtos de comercio xusto, entre outras iniciativas. É o cuarto ano consecutivo que Area Central acolle este evento organizado polo Departamento de Educación e Mocidade do Concello de Santiago de Compostela e enmarcado dentro da Quincena da Paz, da Convivencia e da Solidariedade. A súa finalidade é a de promover o encontro destas entidades e a difusión dos seus proxectos.

Dende ás 11.00 ata ás 20.00 horas deste sábado 31 desenvolveranse en Area Central varias actividades para todos os públicos, entre as que destacan actuacións musicais, contacontos, obradoiros e chocolate solidario.

As organizacións previstas para participar nesta nova edición do Foro de ONGs en Area Central son as seguintes: Amigos da Terra – Galicia Xuventude, Asemblea de Cooperación Pola Paz, Axuda en Acción, Bicis pola Paz, Cáritas, Coopera, Coordinadora Galega de ONG, Cruz Vermella, Educación sen Fronteiras, Entreculturas – Fe e Alegría, Enxeñería Sen Fronteiras, Farmacéuticos Mundi, Foro de Inmigración, Fundación Ropka, Galicia Paz y Desarrollo, Intered, Intermon Oxfam, Mans Unidas, Médicos do Mundo Galicia, Médicos Sen Fronteiras, Mi Perú, Panxea Asociación de Comercio Xusto, Seminario Galego de Educación para a Paz e Terra de Homes.

O programa do X Foro de ONGs é o seguinte:

11.00 horas – Apertura do espazo solidario: zona de presentación de experiencias e postos informatiovos
12.15 horas – Contacontos solidarios, a cargo do colectivo Bicis pola Paz. Obradoiros.
12.30 horas – Chocolate solidario. Colabora Panxea Asociación de Comercio Xusto.
13.00 horas – Concerto da Banda Municipal de Música de Santiago de Compostela.
13.30 horas – Lectura do Manifesto pola Paz e acto institucional.
18.30 horas – Contacontos solidarios, a cargo do colectivo Bicis pola Paz. Obradoiros.
20.00 horas – Clausura das actividades.

Para ter máis información sobre as actividades de xaneiro en Area Central, pode consular a nosa programación mensual.


area central centro comercial 2009