AREA CENTRAL ABRE O PRAZO PARA APUNTARSE AO SEU CONCURSO INFANTIL DE DISFRACES
Santiago, 4 de febreiro de 2009. - Area Central ten aberto xa o prazo para participar no seu tradicional concurso infantil de disfraces, enmarcado dentro dos eventos conmemorativos do seu Entroido. O concurso, que se celebrará o próximo sábado 21 de febreiro a partir das 18.00 horas no escenario principal do complexo comercial, servirá para que os nenos que mostren os seus mellores traxes e a súa simpatía á hora de desfilar polo escenario de Area Central, consigan grandes agasallos no transcurso dunha tarde chea de música.
As bases do concurso establecen catro categorías, que son as seguintes: individual alevín (ata os 8 anos), individual infantil (de 9 a 12 anos), de parella (ata 12 anos) e de grupo (ata os 12 anos). Os interesados poden inscribirse chamando ao número de teléfono 981 56.08.45 de luns a venres en horario de 10.00 a 14.00 horas e de 16:00 a 20:00 horas ata o venres 20 de febreiro. Tamén se poderá formalizar a inscrición o mesmo día 21 de febreiro no propio escenario principal de Area Central dende as 15.00 horas ata quince minutos antes do comezo do concurso.
Por outro lado, o venres 20 e o luns 23 de febreiro, dende as 18.00 horas, a esquina verde da planta primeira acollerá un baile de disfraces en dúas tardes cheas de boa música e diversión garantida. Os monitores animarán a tarde con esta actividade musical, mentres que os nenos participantes mostrarán os seus dotes de bailes e aprenderán diferentes coreografías.
Para ter máis información sobre as actividades de febreiro de Area Central, visita a programación mensual.
|