idioma: |

BASES PARA O CONCURSO DE DISFRACES DO CENTRO COMERCIAL AREA CENTRAL

1.- O concurso terá lugar o sábado 21 de febreiro ás 18:00 horas no escenario principal do Centro Comercial Area Central.

2.- Establécense catro categorías cos requisitos mínimos de participación que a continuación se indican:

INDIVIDUAL ALEVÍN – Ata 8 anos
INDIVIDUAL INFANTIL – De 9 a 12 anos
DE PARELLA – Ata 12 anos
DE GRUPO – Ata 12 anos
As categorías de parella e grupo estarán condicionadas á inscrición de, alomenos, tres conxuntos de participantes, de xeito que, no caso de non acadarse este mínimo, ditas categorías serán eliminadas de concurso.

3.- Para participar no concurso é necesario inscribirse. Dita inscrición realizarase a través do teléfono 981 56.08.45 de luns a venres en horario de 10.00 a 14.00 horas e de 16:00 a 20:00 horas ata o venres 20 de febreiro. Tamén poderase formalizar a inscrición a través de Internet ata as 20.00 horas do venres 20 de febreiro enviando o nome/s, idade/s, disfraz (indicando se é individual, de parella ou de grupo) e número de contacto ao enderezo de correo electrónico marketing@acentral.com. Tamén poderase formalizar a inscrición o mesmo día 21 de febreiro no mesmo lugar de celebración do concurso, dende as 15.00 horas ata quince minutos antes do comezo do mesmo.

4.- O día do concurso entregarase a cada participante un número de participación que deberá levar consigo no transcurso do mesmo. O número poderase recoller dende as 15:00 h. ata as 18:00 h. no escenario principal onde se realizará o concurso.

5.- Os premios por categoría serán:

- Individual alevín
         1º premio    Unha videoconsola NINTENDO DS 
         2º premio    Un aparello de música
         3º premio    Un reproductor de MP3
- Individual infantil
         1º premio    Unha videoconsola PSP
         2º premio    Unha cámara de fotos
- De parella
         1º premio    Dous reproductores de MP3
- De grupo
         1º premio    Unha MERENDA

6.- En ningún momento os premios poderanse cambiar ou canxear por cartos.

7.- O xurado compoñerase de membros pertencentes ou designados polo Centro Comercial Area Central. O fallo do xurado será inapelable.

8.- As bases do concurso están expostas na cabina de información do Centro Comercial e na web www.areacentral.com.

9.- A organización resérvase o dereito a solucionar calquera conflito que puidera derivar da súa interpretación.

10.- A participación neste concurso supón a aceptación implícita destas bases.


area central centro comercial 2009