idioma: |

DE XEITO EXCEPCIONAL, O RASTRO DE ANTIGÜIDADES DE AGOSTO DE AREA CENTRAL CELEBRARASE O VENRES 14

Santiago, 20 de xullo 2009. - O rastro de antigüidades de agosto de Area Central celebrarase o venres 14. De xeito excepcional e por motivos de calendario, a organización optou por modificar a data deste evento en agosto para que non coincidise a celebración desta actividade co sábado 15 de agosto, día festivo e de non apertura dos establecementos comerciais.

O rastro de antigüidades, que ten lugar os terceiros sábados de cada mes dende o pasado mes de febreiro, voltará ao seu día habitual en setembro, cando se reúna de novo en Area Central o sábado 19 de setembro. As datas seguintes de celebración do rastro de antigüedades en Area Central serán os sábados 17 de outubro, 21 de novembro e 19 de decembro.

Máis información sobre as actividades de Area Central visite a programación mensual.



area central centro comercial 2009