idioma: |

REGRESA “ESCOLA DE BAILE” A AREA CENTRAL

Santiago, 3 de marzo de 2009. -Area Central porá en marcha este sábado, día 7 e o seguinte, 14 de marzo, a acción “Escola de baile”, actividade organizada por segundo ano en colaboración co xornal Santiagosiete e que tivo na pasada edición unha gran aceptación entre os visitantes do complexo comercial. Nesta ocasión, este evento comporase de dúas sesións nas que o Clube de baile Sons fará varias exhibicións de danza e ensinará entre os visitantes de Area Central pasos de baile dalgúns ritmos, como bachata ou merengue.

Esta iniciativa desenvolveranse en Area Central a partir das 18.00 horas tanto este sábado 7, como o seguinte, día 14 de marzo, nun espazo acotado na planta baixa do complexo no que os monitores do Clube de baile Sons, de Santiago de Compostela, animarán aos visitantes de Area Central a participar nestas clases de baile.

Para ter máis información sobre as actividades de Area Central, visite a nosa programación mensual.



area central centro comercial 2009