idioma: |

O VENRES, 27 DE MARZO, CASTING DE TOP MODEL EN AREA CENTRAL

Santiago, 16 de marzo de 2009. - Todos os mozos e mozas que queiran probar sorte no mundo da moda e a imaxe teñen unha oportunidade para participar no certame de Top Model Area Central 2009. O venres 27 de marzo, a partir das 18.00 horas, na esquina azul da planta primeira do complexo comercial terá lugar a proba de selección para participar nesta oitava edición do certame.

Os interesados que queiran participar neste casting ou obter máis información sobre o concurso, poden chamar ao teléfono 981.58.44.95.

Consulta as bases do concurso para ter máis información ou a nosa web www.topmodelareacentral.com.



area central centro comercial 2009