idioma: |

A FEIRA DO LIBRO INFANTIL E XUVENIL GALEGO VOLVE A AREA CENTRAL COA SÚA CUARTA EDICIÓN

Santiago, 30 de marzo de 2009. - Os próximos días 3, 4 e 5 de abril, Area Central acollerá a cuarta edición da Feira do Libro Infantil e Xuvenil Galego, evento organizado polo Consorcio Editorial Galego e as editoriais Baía Edicións, Sotelo Blanco Edicións e Edicións A Nosa Terra e que, como en anos anteriores, contará cunha ampla exposición de libros á venda, ademais de variadas actividades paralelas dirixidas aos visitantes máis pequenos do complexo comercial.

Deste xeito, durante os tres días de celebración da feira, na que as editoriais amosarán as súas últimas novidades en literatura infantil e xuvenil en galego, Area Central acollerá sesións de contacontos, representacións teatrais. obradoiros de ilustración e outras actividades a cargo de recoñecidos animadores, como Fátima Rodríguez e Ana Santiso ou as compañías Tirititempo e A Tropa de Trapo ou o grupo Andorela.

Esta cuarta edición da feira, enmarcada dentro das actividades conmemorativas do Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil, que se celebra cada 2 de abril, contará coa seguinte programación:


Venres, 3 de abril

12:00 h. Apertura da feira, exposición e venda de libros.

18:00 h. Contacontos: Fátima Rodríguez realizará unha sesión de contacontos arredor do libro Os globos de andar.

19:00 h. Obradoiro de ilustración a cargo de Ana Santiso.

20:00 h. Os monecos dos Bolechas. Os Bolechas saen ás rúas de Area Central da man de sete animadores disfrazados da cada un destes personaxes para que os máis pequenos os poidan coñecer e sacarse fotos con eles.

22:00 h. Peche da feira.



Sábado, 4 de abril

10:00 h. Apertura da feira, exposición e venda de libros.

18:00 h. Obra de teatro O meniño Nito (Entón os homes horan, non?) a cargo do grupo Andorela.

19:00 h. Obradoiro creativo a cargo da compañía Tirititempo.

20:00 h. Contacontos: A compañía A tropa de trapo realizará unha sesión de contacontos co libro A maleta dos recordos.

22:00 h. Peche da feira.



Domingo, 5 de abril

11:00 h. Apertura da feira, exposición e venda de libros.

18:00 h. Contacontos: A compañía A tropa de trapo realizará unha sesión de contacontos co libro A viaxe das palabras.

20:00 h. Clausura da IV Feira do Libro Infantil e Xuvenil Galego.



area central centro comercial 2009