idioma: |

TOP MODEL AREA CENTRAL CELEBRA ESTE SÁBADO 18 A SÚA SEMIFINAL

Santiago, 14 de abril de 2009. - Unha nova edición do concurso Top Model Area Central arrinca este sábado, día 18, ás 20.00 horas, coa celebración da semifinal na que máis de cincuenta xóvenes desfilarán polo escenario principal do complexo mentres dan a coñecer a nova tempada primavera-verán en roupa e complementos dos establecementos de Area Central Volare, Don Vaquero, D´Elvis, Base: Centro Deportivo, María García, All Factory e Pepe Nieto.

Desta semifinal de Top Model Area Central sairán os nomes dos finalistas e aspirantes a converterse na nova imaxe de Area Central durante un ano, sustituindo así aos vencedores do pasado ano, Lucía Espiño e Rudy Lamas. A gala final terá lugar o próximo sábado 25 de abril, ás 20.00 horas, no transcurso dun gran espectáculo musical.

Para máis información pode consultar a programación mensual e visitar a web www.topmodelareacentral.com.



area central centro comercial 2009