idioma: |

BALLET STUDIO CELEBRA O DÍA INTERNACIONAL DA DANZA CUNHA EXHIBICIÓN EN AREA CENTRAL

Santiago, 1 de maio de 2009. - Os estudantes do colectivo Ballet Studio  Galicia protagonizarán o vindeiro sábado 9 de maio, a partir das 18.30 horas en Area Central, unha exhibición de baile con motivo do Día Internacional da Danza, que se celebra cada 29 de abril.

O acto, que terá lugar no escenario principal do complexo comercial, reunirá a preto de 150 alumnos de Ballet Studio Galicia que realizarán un alegato a favor do baile e demostrarán as súas habilidades en distintos estilos de danza.

Para máis información pode consultar a programación mensual de Area Central.



area central centro comercial 2009