AREA CENTRAL PECHA UN ACORDO CON HALCÓN VIAJES PARA BENEFICIAR A COMERCIANTES E CLIENTES
Santiago, 1 de xuño de 2009. - Area Central vén de pechar un acordo de colaboración con Halcón Viajes, entrando a formar parte do Clube Grandes Amigos de esta axencia de viaxes, o que permitirá a comerciantes, empresarios e traballadores de Area Central disfrutar dunhas vantaxes á hora de programar as súas viaxes a través de ofertas, promocións e servizos preferentes.
Ademais, dentro dos beneficios deste convenio, Halcón Viajes pon en marcha dende o 1 ata o 15 de xuño unha campaña promocional na que os clientes do centro comercial poderán adquirir bonos Halcón por cada compra que realicen, en tramos de vinte euros. É dicir, por cada vinte euros que os clientes gasten en calquera dos establecementos de Area Central, recibirán vinte puntos Halcón, que poderán empregar para conseguir descontos nas súas vacacións.
Así, os establecementos do centro encargaranse de repartir os bonos aos seus clientes, quen, ata o 30 de xuño poderán acudir á oficina de Halcón Viajes de Area Central, situada na entrada do hipermercado Alcampo e alí beneficiarse de descontos á hora de programar as vacacións de verán.
Lean, a continuación, as condicións xerais desta promoción:
- Promoción válida para reservas realizadas entre o 1 e o 30 de xuño, para viaxar ata o 31 de outubro de 2009
- Canxearanse os bonos aforro de vinte euros por compras superiores a 400 euros en paquetes vacacionais ou talóns de Hotel Week end Plan
- Soamente se aceptará un bono aforro de vinte euros por cada fracción de compra de 400 euros
- Os bonos aforro non son reembolsables nin canxeables polo seu importe en metálico
- Promoción non acumulable a outras promocións, nin aplicable a condicións establecidas para grupos ou colectivos
- Promoción válida exclusivamente nas oficinas de Halcón Viajes de Castela e León, Extremadura e Galicia
|