idioma: |

WWW.DEPORTEGAL.COM CELEBRA O MARTES 16 EN AREA CENTRAL A SÚA PRIMEIRA GALA

Santiago, 12 de xuño de 2009. - A web www.deportegal.com celebra este martes 16 a súa I Gala do Deporte no escenario principal de Area Central, acto no que a partir das 20.00 horas, se premiará ao máis destacado do ano do deporte en Galicia.

As categorías establecidas nestes galardóns son as seguintes: mellor futbolista, mellor directiva, mellor afección, mellor deportista (masculino e feminina), mellor clube e mellor xornalista deportivo neste evento no que, ademais, o Clube Voleibol Emeve de Lugo recibirá un premio honorífico. A gala contará coa actuación do cantante Fran Allo, finalista do programa "Son de estrelas" da TVG.

A web www.deportegal.com, dirixida por Adrián Leira e con apenas seis meses de vida, está formada por persoas vinculadas ao deporte galego e os medios de comunicación.

Os nomeados aos premios desta I Gala do Deporte son:

Mellor futbolista galego

- Diego Castro

- Jonathan Pereira

- Piscu

- Diego López

Mellor directiva

- Autos Lobelle F. S. de Santiago

- Burela F.S.

- R.C. Deportivo de La Coruña

- R.C Celta de Vigo

Mellor afección

- Afección da S.D. Compostela

- Marea Laranxa do Burela F.S.

- Inferno Azul do C. B. Beirasar Rosalía de Castro de Santiago

- Afección do C.B. Breogán de Lugo

Mellor deportista galega

- Támara Abalde

- Eva Castro

- Teresa Portela

- Sara Álvarez

Mellor deportista galego

- Gómez Noya

- David Cal

- Perucho

- Ezequiel Mosquera

Mellor club galego

- H.C. Liceo de A Coruña

- C.B Breogán de Lugo

- Autos Lobelle F.S. de Santiago

- R.C. Deportivo de La Coruña

Mellor xornalista deportivo

- Jessica Figueroa

- Javi Torres

- Fran Espiñeira

- Andrés Vieites

Premio Honorífico

- C.V. Emeve de Lugo



Pode obter máis información sobre as actividades de Area Central na súa programación mensual.



area central centro comercial 2009