idioma: |

LA VOZ DE SANTIAGO CELEBRA 50 ANOS CUNHA GRAN FESTA INFANTIL, ESTE SÁBADO EN AREA CENTRAL

Santiago, 21 de setembro de 2009 – A edición de Santiago do xornal La Voz de Galicia conmemora o seu 50 aniversario este sábado, 26 de setembro, cunha gran festa infantil en Area Central, na que haberá numerosas atraccións e actividades lúdicas durante toda a xornada.

A Praza de Europa de Area Central acollerá dende as once da mañá ata as nove da noite, ininterrumpidamente, varias atraccións, como hinchables, contacontos, obradoiros e baile. Tamén haberá talleres de prensa, radio e humor gráfico, nos que os rapaces iniciaranse no mundo do xornalismo e das ilustracións. Todos os rapaces que participen nesta festa aniversario da edición local de La Voz de Galicia teñen agasallos asegurados.

Para máis información, visite a nosa programación mensual.



area central centro comercial 2009