Area Central é
un gran complexo multiusos cívico comercial situado en
Santiago de Compostela, composto dun único edificio
que, ademais de contar con máis de
150 establecementos comerciais, está integrado
por máis de 50 oficinas, un hotel e 656 vivendas.
A superficie comercial de Area Central acada os 30.000
metros cadrados de SBA, dato que durante moitos anos
lle permitiu encabezar o listado dos centros comerciais máis
grandes de Galicia; todo isto sen ter en conta os preto de 14.000
metros cadrados de corredores e rúas cubertas,
asi como unha gran praza central de 10.000 metros cadrados
máis. Na actualidade segue a ser un dos complexos de referencia
na realidade comercial galega e un dos pioneiros no estado español
na modalidade de centros comerciais integrados nos que vivendas,
servizos, ocio, oficinas e comercios conviven coma un todo harmónico.
Area Central está estructurada en dúas
plantas e un semisoto. Conta con dúas rúas comerciais
de planta cadrada de 658 metros de longo cada
unha, cubertas por unha bóveda acristalada situada a vinte
metros de altura. Dende que se construiu en 1993, Area Central
ofrece aos seus visitantes a oportunidade de mercar en preto de
160 establecementos comerciais distribuidos ao
longo da rúa acristalada máis grande de
Europa, que alberga as mellores firmas de moda actual,
xoierías, tendas de decoración e complementos, franquicias
nacionais e multinacionais, xogueterías, quioscos, librerías,
parques e establecementos de ocio infantil, unha autoescola, centros
de perruquería e beleza, perfumerías, unha parafarmacia,
clínicas dentais e unha veterinaria, sala de xogos, unha
bolera, establecementos de hostalería e restauración,
alimentación e distintas empresas de servizos e oficinas.
Esta ampla oferta se completa con sete salas de cine, un hipermercado
e varias entidades bancarias.
Mais de 50 oficinas atopanse
estructuradas en cinco bloques enlazados as vivendas e aos locais
comerciais cunha superficie total de 15.000 metros cadrados.
Area Central alberga varias dependencias administrativas da Xunta
de Galicia, como a Consellería de Vivenda e Solo, a Dirección
Xeral de Transportes, a Dirección Xeral de Portos, a Dirección
Xeral de Xustiza, o Instituto Galego de Medicina Técnica,
MeteoGalicia, a Subdirección Xeral do Patrimonio, Galicia
Calidade e importantes empresas privadas coma Gas Galicia, Brent
Entertaiment - Filmax ou a Dirección rexional do Banco
Popular en Galicia entre outras.
Esta pluralidade de ofertas e actividades fai
que en Area Central se concentren todo tipo de clientes e visitantes
que acuden ao complexo comercial por moi diferentes motivos, acadando
unha media diaria de 20.000 visitas, cifra que
chega aos 25.000 visitantes os sábados e festivos de apertura
autorizada. Esta peculiaridade fai que Area Central sexa un ente
dotado de vida practicamente durante as 24 horas do dia durante
todo o ano, converténdose nunha referencia inevitable da
Compostela máis dinámica e moderna. |