idioma: |
UBICACIÓN

AREA CENTRAL atópase ubicado nun popular barrio compostelán construído a principios dos noventa e coñecido como “Polígono das Fontiñas”, que se sitúa no nordés da capital galega, xunto ao acceso do Camiño Francés, ruta esta pola que se achegan a meirande parte dos peregríns que veñen a Santiago. O Polígono das Fontiñas e o seu contorno ten preto de 15.000 habitantes, e conta ademáis de con AREA CENTRAL, -edificio no que se atopa a Consellería de Vivenda e Solo da Xunta de Galicia-, coa sede dos Xulgados de Santiago de Compostela, a Policía Autonómica e a Escola Galega de Administración Pública, entre outras.

AREA CENTRAL sitúase a escasos 700 metros dos edificios administrativos da Xunta de Galicia, en San Caetano, e ao carón da futura “Cidade da Cultura de Galicia”, o cal a convirte nun importante centro de afluencia de público durante todo o día, ubicación que fai que sexa visitada por unha media diaria de máis de 20.000 persoas, convertíndoa nun dos emblemas modernos da capital de Galicia.

As principais vías de comunicación e accesos a AREA CENTRAL son, polo exterior, un novo vial periférico, a Avenida de Gonzalo Torrente Ballester, que conecta directamente coa Autoestrada do Atlántico (AP-9); e polo interior, a Avenida de Lugo, vial que polo sur fai de enlace co centro da cidade e polo norte serve de conexión coa zona vella compostelana a través da Rúa dos Concheiros.

 

Consulte a localización de Area Central no plano

area central centro comercial 2007