| PROGRAMACIÓN 16º ANIVERSARIO |
|
De venres 23 de outubro a martes 10 de novembro
De 10.00 a 22.00 horas
|
EXPOSICIÓN "BOMBEIROS DO MUNDO"
Os corredores de Area Central acollen esta exposición sobre a historia do traballo dos bombeiros, reunindo diverso material que empregan nos seus labores en diferentes países e épocas (mediados do século XIX á actualidade) Entre outros obxectos, haberá unha selección de machados, mangueiras, escaleiras e cascos, ademais de elementos máis grandes como carros de bombeiros a escala ou un equipo de excarceración. Con esta exposición, Area Central quere homenaxear o traballo do corpo de bombeiros de Santiago de Compostela, que colabora nesta exposición cedendo diverso material. |
Venres 23 de outubro
11.00 horas
|
INAUGURACIÓN EXPOSICIÓN "BOMBEIROS DO MUNDO"
A concelleira de Seguridade Cidadá de Santiago, Marta Álvarez-Santullano, o xefe de bombeiros de Santiago, Jesús Martínez, e o xerente de Area Central, Juan Carlos Losada, inauguran a exposición "Bombeiros do mundo". |
18:00 horas
|
“TARDES DE LECER”
A historia do gran de millo é o título do terceiro libro no que se baseará esta actividade cultural ao mesmo tempo que entretida e participativa.
|
Sábado 24 de outubro
18.00 horas |
"TARDES DE LECER"
A historia do gran de millo é o título do terceiro libro no que se baseará esta actividade cultural ao mesmo tempo que entretida e participativa |
19:00 horas
ESCENARIO PRINCIPAL ESQUINA VERDE |
ZONA FITNESS - BATUKA CON JESSICA E JOSÉ EXPÓSITO
Os creadores do concepto batuka suben ao escenario principal para animar aos visitantes a participar e gozar na súa Zona Fitness - batuka: un espectáculo onde se xunta saúde, diversión, baile, deporte, música e enerxía.
|
Venres 30 de outubro
18.00 horas |
"TARDES DE LECER"
Tres contos do máxico tres é o título do cuarto libro no que se baseará esta actividade cultural ao mesmo tempo que entretida e participativa. |
Sábado 31 de outubro
18:00 horas
|
“TARDES DE LECER”
Tres contos do máxico tres é o título do cuarto libro no que se baseará esta actividade cultural ao mesmo tempo que entretida e participativa.
|
19.00 horas ESCENARIO PRINCIPAL ESQUINA VERDE |
CONCERTO DIDÁCTICO: O MUNDO DE MOZART
O teatro e a música clásica únense neste concerto didáctico, co que todas as persoas, nenos e tamén adultos, terán a oportunidade de pasar unha tarde divertida mentres descobren a beleza da música clásica. |
|